FOTO EN ARTIGO

Boas, que tal? Eu moi ben! Hoxe veño cun artigo que en certa medida está ligado ao anterior. Como ben expliquei nese, ese artigo xa estaba na páxina persoal da miña compañeira pero paseino a esta porque é donde temos tódala información e para que o puidesedes ver, leer e analizar antes de escribirvos este.
Como ao mellor ben comprobástedes, o artigo anterior sérvenos para subir a nosa foto á galipedia pero se o que queremos é poñer esa foto nun artigo e por eso a subimos, non está explicado e iso é para o que servirá este artigo: para poñer a foto, subida anteriormente  a Commons como se explica no artigo anterior, no artigo que desexamos.

1.O primeiro paso é acceder coa nosa conta á galipedia. Se non a temos podemos creala. Na palabra "creala" tendes unha ligazón para crear a vosa páxina de galipedia, se non a tendes. E nesta ligazón, tendes uns consellos a seguir no momento de creala.
 2. O segundo paso e escribir o artigo ao que queres ir para subir a foto. Eu poñerei,  por exemplo, Brenlla. 

 3. O terceiro paso é editar a fonte. E no lugar onde pon imaxe, se non o pon teredes que poñerllo, insertar o nome que lle puxéchedes ao subir o  ficheiro.





4. Mostrar vista previa e publicar os cambios e listo! 

Ata o seguinte artigo!! 

Comentarios

  1. Os dous primeiros parágrafos os vexo un pouco liosos... E mira a ver se podes inserir as capturas de pantalla con máis resolución a ver se así se amplían ao clicar nelas, porque a ese tamaño son un pouco difíciles de ver.
    Bó traballo, de todos xeitos... :)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Como subir imaxes a Commons?

Placa altimétrica

Cómo poñer unha cita a un libro?