Crear unha páxina de galipedia

Cousas para ter en conta

  1. Non crees varias páxinas cos mesmos contidos. No canto diso, escolle o nome máis habitual e así conseguirás que se alguén fai unha procura cun dos outros nomes vaia parar ata o nome elixido polo editor da páxina.
  2. A páxina non pode quedar illada, hai que poñer ligazóns para ampliar da mellor maneira posible a información.
  3. O título debe ser claro e o máis sinxelo posible.
  4.  Non está permitido crear páxinas sobre un mesmo ou sobre un amigo, páxinas promocionais, ensaios persoais ou calquera outro tipo de artigo que non atoparías nunha enciclopedia. Tampouco se poden copiar materiais con dereitos de autor ou con textos conflitivos, é dicir, textos que teñan dono ou textos que provoquen conflito.
  5. O contido debe estar verificado, é dicir, debe ter unha páxina que respalde a información do correspondente.

Durante a construción do artigo 

 Despois da creación do artigo, de seguro que haberá que facer moitas edicións polo que cómpre e é recomendable poñer o seguinte modelo ao comezo da páxina {{Enuso}}. Este advertirá aos editores de que o traballo non está rematado senón que está en proceso.
Outra opción é construír a páxina nunha subpáxina da túa páxina de usuario. Isto permite completar o artigo nun prazo de tempo indefinido. Cando creas que xa está, podes movela ata o título correcto que lle corresponde ao artigo. Porque da primeira forma pode pasar a formar parte dos artigos de rápida eliminación, só se pasas moito tempo modificando o artigo.

Unha vez rematada a páxina 

 Unha vez teñamos rematada a creación da páxina, temos que ser conscientes de que esa 
páxina non é nosa aínda que a creáramos. Esa páxina é de todos e todos poden modificala.
 Se nun fututo adquires máis coñecementos sobre o tema a tratar na túa páxina, sinxelamente podes modificala ou añadila.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Placa altimétrica

Como subir imaxes a Commons?

FOTO EN ARTIGO