Cómo poñer unha cita a un libro?

"Na Wikipedia, cómpre citar as fontes para axudar ao lector a verificar os contidos do artigo e a atopar máis información. As citas son unha parte importante de calquera artigo da Wikipedia, xa que serven para identificar as fontes acreditadas nas que se basea. Na maioría dos casos, as citas sobre pezas específicas de información contida no artigo achéganse en forma de notas ao pé. Estas citas aparecen numeradas ao longo de todo o corpo do artigo e reciben o nome de citas en liña co texto.
A política de verificalidade da Wikipedia esixe estas citas en liña cando haxa algún material cuestionable ou suxeito a selo, e para todas as citas textuais. Con todo, aconséllase aos editores engadir referencias para calquera material engadido."

 A veces para completar os nosos artigos podemos utilizar libros que conteñan esa información que queremos. Esta información pódese poñer na galipedia pero é necesario mencionar o libro da que a collemos para non levarnos un mérito que non nos corresponde.
Agora vouvos a dicir cómo podedes citar un libro do que sacastes información.

CITA A UN LIBRO

Para citar un libro, podes copiar e pegar o código que vou a escribir a continuación:
{{cita libro |apelido= |nombre= |enlaceautor= |título= |url= |fechaacceso= |idioma= |outros= |edición= |ano= |editor= |editorial= |ubicación= |isbn= |capítulo= |páxinas= |cita=}}

 Non sempre temos por qué encher toda a información xa que ás veces iso non é posible, pero sí debemos cubrir as principais cuestións.

O nombre e apelido son moi importantes e deben poñerse siempre.
No "enlaceautor" poñeremos unha ligazón ao artigo da galipedia na que se fala de este. Esto podedes miralo no artigo anterior que explica cómo poñer unha ligazón. E poñeríase unha ligazón ata a páxina do autor do libro.
En título poñeríamos o nome do libro ao que queremos facerlle referencia.
Poderiamos saltarnos dende a url ata a edición, non está mal que se poñan pero non son necesarios.
Continuadamente aparece "ano" e poñeríamos o ano no que se escribiu o libro.
E por último, bastaría con poñer a editorial do libro e o ISBN, que é MOI IMPORTANTE.


















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Como subir imaxes a Commons?

Placa altimétrica